Período de Xeoloxía e Mineraloxía
Rematado o período de Xeoloxía e Mineraloxía no que tanto aprendemos, na 6ª clase convertémonos en espeleólogos e espeleólogas e fomos explorar a cova máis grande de Galicia: a Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Dende aquí, agradecémoslle ao noso guía Carlos por unha mañá tan interesante e divertida!