Visita ao Museo Etnográfico Casa do Patrón

Os nenos e nenas da 4ª, 5ª e 6ª clase realizaron unha interesante visita ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Doade (Lalín - Pontevedra). Pasaron o día percorrendo o completísimo complexo museístico e fascináronse ao ver o xeito no que vivían os nosos antepasados, dende unha antiga vivenda castrexa ata unha casa galega do século XX, pasando por outros moitos espazos da vida cotiá, como obradoiros de artesáns, unha antiga escola, unha taberna, etc. Para rematar a visita da mellor maneira, puideron realizar un obradoiro de cestería e levar un fermoso recordo feito coas súas propias mans.

Anterior
Anterior

Período de Xeoloxía e Mineraloxía

Siguiente
Siguiente

Periodo de Geometría en 5ta Clase