Ó mundo das novas tecnoloxías - 10ª Clase

Ó longo deste segundo trimestre, o alumnado da 10ª Clase realizou unha vivencia introdutoria ó mundo das novas tecnoloxías, e como toda boa introdución comezouse polo principio, é dicir, por coñecer a fondo que é exactamente un equipo informático e que hai dentro deses dispositivos que, entre outras cousas, nos conectan co mundo.

Con este obxectivo, iniciamos unha serie de sesións prácticas nas que todos e todas as estudantes tiveron a ocasión de armarse de ferramentas e abrir coas súas propias mans varios PCs. Mediante esta experiencia, tomaron contacto cos seus compoñentes e, pouco a pouco, sesión tras sesión, foron descubrindo as funcións que desempeñan cada un dos elementos que os compoñen, así como a súa importancia, características e limitacións.

Por último, e co obxectivo de organizar e afianzar todos os conceptos adquiridos, realizaron un traballo escrito onde puideron plasmar tanto os contidos traballados como as reflexións e sensacións experimentadas no proceso.

Anterior
Anterior

Xeometría 9ª Clase

Siguiente
Siguiente

Novos períodos de Matemáticas en 7ª e 8ª clase