Xeometría 9ª Clase
Os alumnos e alumnas de 9ª Clase estiveron totalmente mergullada nun período de Xeometría, onde, ademais de repasar conceptos básicos desta área, afondamos en diversos teoremas de gran importancia. Nesta liña, cómpre destacar a vivencia realizada respecto ó Teorema de Tales, onde con poucos instrumentos todo o alumnado puido poñerse na pel deste reputado matemático e filósofo grego, que tiña por obxectivo determinar a altura da pirámide máis alta de Niza. Despois de moitas cavilacións e experimentos, a observación da proporcionalidade das sombras producidas por dous obxectos nun determinado momento do día deulle a chave para formular un método que permite calcular medidas non accesibles; así pois, e mediante a reprodución desta experiencia a pequena escala, os e as nosas estudantes puideron realizar exactamente a mesma observación e concluír e contrastar a veracidade deste afamado teorema.