Fin de Curso - 6ta Clase
Os nenos e nenas da sexta clase desfrutamos dunha completísima viaxe de fin de curso. Comezamos por coller un barco de Vigo ata as Illas Cíes, onde aprendemos moito sobre a fauna, a flora, a xeoloxía e a historia do arquipélago. Seguidamente, trasladámonos a Baiona para pasar dous días de camping. En Baiona visitamos a Carabela Pinta de Colón e paseamos pola súa preciosa fortaleza. Tamén houbo tempo para divertirse na praia e na piscina. Para rematar fomos a Santiago de Compostela a coñecer o maravilloso Museo de Historia Natural da USC, onde nos abraiamos coa súa enorme colección de minerais e nos contaron cousas interesantísimas sobre a fauna e a flora galega e mundial.