Concurso 'Debuxando os nosos castelos'
Comprácemenos moito comunicar que o pasado 15 de novembro varios alumnos da nosa Escuela Waldorf Meniñeiros foron premiados no IV Concurso de debuxo “Debuxando os nosos castelos” organizado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e o CSIC (Consello Superior de Investigaciones Científicas da Xunta de Galicia). A convocatoria tiña como obxectivo fomentar o interese polo respecto, coidado e divulgación do patrimonio histórico-artístico galego a través da representación do Museo Fortaleza San Paio de Narla.
Na categoría do 1º Ciclo de Secundaria acadou o 1º Premio a nosa alumna Aitana Arrojo Jacinto de 7ª clase, mentres que Paula Castillo Manzano de 10ª clase facía o mesmo na categoría de 2º Ciclo. Tamén o alumno de 9ª clase Mateu López-Valeiras Seoane conseguía unha mención especial coa súa interpretación do castelo baixo unha "noite estrelada".
Parabéns aos nosos artistas!