Cardando con cardas manuais

Traballando la laña cardando con cardas manuais, con Cardadora de tambor, ELABORACIÓN DE FUSOS, fusos rematados e preparados para fiar.

O alumnado de 8ª clase traballou nese período o procesado da la, unha das primeiras fibras que vestiu os primeiros seres humanos, coñecendo as súas propiedades inigualables, usos e técnicas para traballala a través da súa manipulación.

Comezamos limpando a la mediante o proceso do CARDADO de tres xeitos:

  • A man.

  • Con cardadoras manuais.

  • Cardadora de tambor coa que elaboramos NAPAS, pranchas de la cardada que nos servirán para os procesos posteriores de feltrado e fiado.

Continuamos coñecendo a técnica do FELTRADO tanto en seco con agulla como en mollado con auga quente e xabón, elaborando unhas bolas e cordóns mesturando ambas técnicas.

Seguimos coa técnica de FIADO, elaborando en carpintería uns FUSOS de iniciación para poder aprender a fiar a la e facer un pequeno novelo.

Tamén realizamos uns EXPERIMENTOS coa la para ver outras propiedades diferentes das vistas ao traballar con ela.

Como PROXECTO FINAL, cada alumno/a elaborou un par de zapatillas de fieltro segundo as técnicas aprendidas.

Proxecto Final: Zapatillas de fieltro

Anterior
Anterior

Seminario de Embriología

Siguiente
Siguiente

Carnaval 2024